Borrador do PXOM de Gondomar

PXOM de Gondomar – Exponse ao público por un período de DOUS MESES, a partires da súa publicación no BOP (6 de setembro de 2016), o BORRADOR do PXOM do Concello de Gondomar, aos efectos de lle facer as suxestións que a veciñanza, os colectivos veciñais e sociais, os grupos políticos, etc., estimen pertinentes.

A documentación correspondente estará a disposición das persoas e dos colectivos interesados nesta mesma Páxina Web e no Departamento de Urbanismo do Concello, así como nos diferentes centros veciñais e parroquias e na Entidade Local Menor de Morgadáns nos horarios habituais destas entidades veciñais.

PLAN XERAL é a norma xurídica de obrigado cumprimento para a administración e administrados conforme á Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio rural de Galicia (LOUGA).

Este borrador pretende ser o punto de partida dun novo PXOM que regule as accións e proxectos de renovación e crecemento do Concello de Gondomar.

IMPORTANTE: Este BORRADOR está exposto a título informativo para abrir o debate público sobre o modelo de ordenación territorial que queremos para o Gondomar do futuro a contruir entre todos e todas. Polo cal solicitamos a túa participación achegando as túas suxestións ao este borrador.

Descarga aquí o modelo de suxestións ao PXOM (PDF)

ACCESO AO BORRADOR DO PXOM

Gondomar, 22 de agosto de 2016.
O Concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda,
Xosé Antonio Araúxo Quintas