PXOM Gondomar

O PXOM representa o instrumento de ordenación integral do territorio de Gondomar ao abeiro da lei 2/2016 do Solo de Galicia coa finalidade esencial de mellorar substancialmente a calidade da ordenación urbanística e favorecer o desenvolvemento equilibrado e sustentable do territorio, contribuír a elevar a calidade de vida e a cohesión social da poboación, protexer e potenciar o patrimonio natural e culturas e garantir o dereito constitucional a desfrutar dunha vivenda digna.

A devandita lei, establece como fins propios da actividade urbanística os seguintes:

  • Asegurar que o solo se utilice en congruencia coa utilidade pública e a función social da propiedade, garantindo o cumprimento das obrigas e cargas legalmente establecidas.
  • Impedir a desigual atribución dos beneficios e cargas do plan entre os propietarios afectados e impoñer a xusta distribución destes.
  • Asegurar a participación da comunidade nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos.
  • Preservar o medio físico, os valores tradicionais, os sinais de identidade e a memoria histórica de Galicia.
  • Harmonizar as esixencias de ordenación e conservación dos recursos naturais e da paisaxe rural e urbana co mantemento, diversificación e desenvolvemento sostible do territorio e da súa poboación, para contribuír a elevar a calidade de vida e a cohesión social da poboación.
  • Velar para que a actividade urbanística se desenvolva promovendo a máis ampla participación social, garantindo os dereitos de información e de iniciativa dos particulares, asegurando, en todo caso, a participación dos cidadáns e asociacións por estes constituídas para a defensa dos seus intereses e valores.
  • Conseguir a integración harmónica do territorio e protexer os valores agrarios, forestais e naturais e a riqueza e variedade arquitectónica fomentando o emprego das formas construtivas propias das diversas zonas e garantindo a súa integración no medio rural.
  • Fomentar a ordenación e mellora dos núcleos rurais, evitando a degradación e a perda das construcións tradicionais, favorecendo o uso e desfrute do medio rural.
  • Exercer as competencias das Administracións públicas conforme aos principios de cooperación, coordinación, asistencia activa e información recíproca, co obxectivo de garantir a plena aplicación e eficacia da normativa urbanística.

Partindo do diagnóstico realizado sobre a situación urbanística e a lexislación vixente, en concordancia coas Directrices de Ordenación do Territorio (en diante DOT) e baseándose nos estudos realizados sobre o territorio e nos plans e programas relacionados co mesmo e en concordancia coas directrices establecidas pola Corporación Municipal no marco da súa política urbanística, no presente apartado establécense os obxectivos, criterios e solucións xerais de ordenación para o municipio de Gondomar.

Nota: Se vostede está a navegar mediante o uso dun smartphone, tablet ou calquera outro dispositivo mobil, recomendamos que se conecte a unha liña wifi para abrir os ficheiros xa que moitos dos arquivos son bastante pesados e pode causar un consumo excesivo da súa tarifa de datos móbil.

Descrición do PXOM

Descrición do PXOM

Índice xeral do borrador

Índice xeral do borrador

Sistemas xerais e dotacións locais

Sistemas xerais e dotacións locais

01-Memoria

Solo urbano

01-Memoria

Solo de núcleo rural

01-Memoria

PERIS